
Centro de Desenvolvemento
Avenida de Pontevedra, 9
Ourense |
O
Centro de Desenvolvemento intégrase dentro das necesidades
e inquietudes dunha sociedade moderna e dinámica, sensibilizada
cos problemas actuais, posuidora de ansias de formarse e de descubrir
novas manifestacións culturais, así como preocupada
polo progreso económico e o emprego.
A sé abordará todos os aspectos que incumben a unha
caixa de aforros puxante económicamente e comprometida
coa súa contorna e as súas xentes. A asistencia
social, a formación, a difusión das novas tecnoloxías,
o fomento do emprego, a potenciación dos sectores produtivos,
os servizos financeiros e a arte teñen cabida neste ambicioso
proxecto de Caixanova.
|
|
O
máis importante desta nova instalación é
que non se reservará exclusivamente para actividades
impulsadas por Caixanova, senón que estará a
disposición dos ourensanos, facilitando as ferramentas
necesarias aos principais colectivos para desenvolver as súas
propias actividades. Contará cunhas infraestructuras
completamente innovadoras e modernas que ofrecen diversas
posibilidades para o desenvolvemento de actividades formativas,
culturais, de investigación, de asesoramiento ou de
divulgación científica. |
| |
|
|
Este
novo centro de Caixanova en Ourense caracterizarase, no seu
interior, pola funcionalidad e a presenza de espazos diáfanos,
e no seu exterior, pola conservación e o respecto da
fachada histórica, de gran valor arquitectónico,
o que permitirá conxugar perfectamente a modernidad
e a tradición que caracterizan a Caixanova. | |
 |
|
A
antiga Aula de Cultura de Caixanova transformouse completamente
nos ultimos meses para abarcar novas áreas, como son
a formación, as novas tecnoloxías, o desenvolvemento
económico ou o fomento do emprego. Así mesmo,
segue contando cunha sala de conferencias para a celebración
de xornadas, conferencias, coloquios ou outro tipo de actos. |
 | |
|
Plantas:
- Planta Primeira: Instituto de desenvolvemento,
Aula de Novas Tecnoloxías e Salón de Actos.
- Planta Segunda: Escola de Negocios.
|
 |
O
Instituto de Desenvolvemento ten como misión a potenciación
dos sectores produtivos galegos e a consiguiente creación
de emprego. Para iso, realizaranse accións para impulsar
a iniciativa empresarial a través de convenios con
clusters, confederacións ou asociacións sectoriales,
se fomentará a vocación empresarial, contribuirase
á integración do sistema produtivo galego
na sociedade do coñecemento, apoiarase a introdución
de novas tecnoloxías nos procesos de xestión,
produción e comercialización e poñeranse
a disposición das empresas unha serie de infraestructuras
de apoio para facilitarlles a celebración de actos
institucionais, como reunións ou consellos de administración.
Páxina Web: www.idcaixanova.com
| |
|
O
edificio segue contando coa Sala de Conferencias, situada na primeira
planta. Cun aforo para unhas 200 persoas, conta coa tecnoloxía
máis avanzada para facilitar a realización de múltiples
actividades. | |