caixanova Página de inicio Atención al cliente
http://www.obrasocialcaixanova.com/images/uploads/mofa_e_befa__32_.jpg
Pontevedra
Marzo 11, 2010

Mofa & Befa presenta en el Centro Social Caixanova ‘Shakespeare para ignorantes’

Un espectáculo influído por la poética de Mosqueira, la pragmática de Calvo y la épica de Cadaval


Caixanova presenta en Pontevedra a nova proposta da compañía galega Mofa & Befa: ‘Shakespeare para ignorantes’. A cita será no Auditorio do Centro Social da entidade financeira o día 13 de marzo, ás 21.00 horas. Quico Cadaval é o encargado de dirixir a obra, que tamén protagoniza xunto a Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo.

MOFA & BEFA

Mofa & Befa é o dúo cómico que funciona como núcleo vertebrador do proxecto de Excéntricas. Acaba de cumprir 14 anos facendo rir a un país e parte do estranxeiro. Este dúo identifícanse por un selo inconfundible marcado pola imaxinación lúdica, o sarcasmo, a transparencia da actitude actoral, o transformismo e o uso sorprendente dos materiais, tanto escénicos como textuais. Os seus títulos máis destacados son ‘Para ser excactos’, ‘Finis mundi circus’, ‘Cultura para dar e tomar’ e ‘Sempre ao lonxe’. Abandeiraron o movemento artístico denominado perralleirismo e tamén teñen aportado o seu humor á televisión, radio, eventos académicos e empresariais, publicidade, congresos e mesmo proxectos de formación cívica.

‘SHAKESPEARE PARA IGNORANTES’

O aspecto inicial do espectáculo é o de produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns concretos coñecementos. Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escena será a conferencia dun prestixioso profesor. Nun principio, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da inmortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas moleiras dos circunstantes, o concurso de dous actores talentosísimos mais temporalmente desempregados. Estes son Mofa & Befa. O riso máis cruel, as intimidades máis vergoñentas, os actos máis deshonestos, as vilanías máis astutas, os mecanismos máis ocultos do mal serán mostrados por esta máquina cómica ao longo da representación.

 

 


Comentarios



Nuevo Comentario

El sistema de comentarios no está activado para esta entrada.